Recupera-la praza de Armas.

By ferrolinho

Agora que está tan en boca de todos a remodelación da praza de Armas, quero aproveitar para facer unha reivindicación que considero da maior xustiza:

¡¡ACABEMOS COA ACTUAL CASA DO CONCELLO!! Non é que teña nada contra dela…salvo que está emprazada no lugar equivocado.

A construcción no seu día do concello supuxo a mutilación da Praza de Armas tal e como foi proxectada no século XVIII, reducindo a súa superficie a aproximadamente a metade.

Sen dúbida, se de verdade desexamos conseguir a cualificación dos Arsenais, defensas da ría e Ferrol da Ilustración coma Patrimonio da Humanidade, non podemos renunciar a recuperar para a cidadanía esta praza tal e como era.

Unhas fotos de mostra extraídas dun xa comentado eiquí, mágnifico fotoblog adicado ó Ferrol antigo.

¿Non vos recorda á Praza de Amboage?

03plzarmas-large

Eiquí outra foto algo posterior, con arbolado e coa igrexa do Carme coa súa configuración arquitectónica actual.

12plzarmas-large

Visto isto,seguro que todos os estades preguntando. Vale,  moi ben e moi bonito todo pero, ¿onde poñemo-la nova Casa do Concello?

Pero ¡NON! Non vou respostar a esa aguda pregunta agora. Fareino…

despois da publicidade, je, je, je…

Deixa un comentario