¿De ónde ven o nome de Ferrol?

By ferrolinho

Amigos, o tema deste post, escrito tras moito, moito tempo de silenzo (por lacazanería, máis que por outra causo, todo sexa dito) non é outro que a orixe do nome da nosa cidade, que por certo, como ben sabedes é…

¡FERROL!, ¡FERROL!, sen O en galego (tampouco o leva en portugués) , sen EL en castelán, sen LE en français, sen THE en english, sen IL en italiano, sen DIE en alemán…

Esta puntualización fágoa ademais cun afectouso saúdo e recordo ós meus amigos da

renfe

que nunca pareceron darse por enterados de que co retorno da democracia non só renunciamos ó Caudillo, senón tamén ao artigo. Sen rencor, alomenos por este lapsus, outra cousa foi o de elimina-lo vagón-cafetería do expreso a Madrid nos 90. Iso, sentíndoo moito, non tivo perdón de deus.

Pero bueno, imos ao que imos, que o do artigo é outra historia e merece ser contada noutra ocasión, como diría Michael Ende.

Hai varias teses que pretender explica-la orixe do topónio da nosa cidade. Así:

  • No século XVIII pensouse que podería provir de Farol, facendo referencia a unha luz que servise de guía para os que os navegantes chegasen a porto. Esta hipótese está hoxe en día desacreditada, pois ao parecer a verba farol chegou ao castelán non antes do século XV, e existen referencias a Ferrol xa no S. XI. Por outra banda, tampouco as leis de evolución etimolóxica explicarían como o Farol trocou en Ferrol. (Uií, polos pelos!!! Ao parecer o Século das Luces non o foi tanto no eido etimolóxico). Conste que estaban tan convencidos do tema que puxeron un farol no escudo da cidade.

Escudo de Ferrol

 

  • Hai quen di que pode vir de Ecclesiae S. Juliani et Ferreoli, pois ao parecer San Xiao e San Ferreol deron en martirizarse xuntos (sempre se dixo que as penas levábanse mellor en compaña). Esta tese ten de interese o feito de que explica a un tempo a orixe de San Xiao de Ferrol e San Xiao de Friol, en Lugo, e o apoio tamén da orixe francesa de ámbolos dous santos, cuxa devoción poidera vir ata Galicia a través do Camiño de Santiago (o Francés no caso de Friol e o coñecido coma Inglés no caso de Ferrol). Nembargante, pese á boa pinta que ten a hipótese, non está claro como se pasou de et Ferreoli a de Ferrol, e por outro lado, tras navegar largo e tendido por páxinas de santos, santiños e santóns con grave risco para a miña integridade moral, decidín aplica-la navalla de Ockham non sen antes admiti-la miña incapacidade para contrastar que ós dous santos en cuestión lles deran matarile xuntos.

 

  • Outra hipótese fala de que podería vir do celta fer (embocadura, porto, salto de auga) e ol (preto). Non sei a vós, pero a mín esta hipótese sóame a gomaespumino total. Por outra parte, ¿cantas poboación que comecen por fer hai na costa galega? E sobre todo, ¿como é que os outros lugares existentes en Galicia co nome de Ferrol non están pegados á costa? Si, xa sei, que preto é un concepto relativo, que se cadra teñen un salto de auga perto, se por excusas non vai ser.

 Vamos, que visto o visto, polo momento, imos quedar coas gañas, ou vendo o vaso medio cheo, cunha boa oportunidade para o debate. Fago constar ademais que a este debate poderían engadirse outras posibilidades, coma que fer veña de ferro (pouco hai por estes lares, peeeero…) ou que, como defenden para Friol, poda vir de Forum Iulii, ou dun Ferreolus que non sería o santo, pero si o señor destes lares hai xa algún tempo (antes do S. XI).

Fagan xogo señores, e se alguén ten unha opinión cualificada mellor ca o do servidor (o que non é difícil) que opine, que opine.

Eu, veña dun Ferreolus santiño ou demiño, de secano ou peixeiro, ferreiro ou comerciante, o que si teño claro é que O Ferrol é un club de fútbol. ¿Tan díficil lles resulta entender esto ós d’O Madrid?

 

Unha resposta to “¿De ónde ven o nome de Ferrol?”

  1. borjars Says:

    Creo que non importa demasiado, quedémonos con “El Hierrol del Caudillo por la Gracia de Dios Todopoderoso Que Estás en los Cielos Santificado Sea tu Nombre del Padre del Hijo y del Espíritu Santo”, e deixemos que a etimoloxía o reduza co paso dos séculos porque xa se sabe aquelo que din: ¿pra vas facer algo que poden facer teus fillos?

Deixa un comentario