O multamóbil, o multamóbil, como me gusta, o multamobil!

By ferrolinho

En Vigo: 2 (Citröen, of course) para loitar contra o deporte nacional dos “ghichos” da capital do sur de Galicia: o aparcamento en doble fila.

En Coruña: 1, neste caso para azotar ós cascarilleiros onde máis lles doe…¡no seguro obrigatorio! E se están a prantexar adquirir un máis para darlles caña os que protestan polo carril bus.

En Ferrol…comemos os mocos ou qué? MULTAMÓBIL XA! E así os peóns poderemos disfrutar das rúas peonís, xa que, alomenos por agora, algunhas das remodelacións só serviron para que os coches podan aparcar máis pegados ós portais (por exemplo a rúa Magdalena).

¿Coexistencia? Amos hombre!! A ver se coexistes ti cando ves vir un incívico cun macrotodoterreo deses de 5 millóns das antiguas ptas mercado ex profeso para montar bordillos (que frustación para os seus donos que agora os quiten, ¿non?). Iso é coma coexistir un miura na rúa Estafeta ás 8.05 da mañá do 8 de xullo.

Alcalde: Mercáo XA!! Sae a conta a inversión. Custa uns 60.000 euriños e, se nos fiamos da experiencia viguesa, onde multa un promedio duns 140 vehículos ó día por sancións de mal aparcamento (sobre todo doble fila, como xa se dixo) onde o importa está entre 90 e 300 “leuros”. Poñendo en Ferroliño a mitade de multas diarias que en Vigo, non, a cuarta parte: 140/4 = 35 x 90 = 3150 € ó día. Total período devolución da inversión: 60000/3150 = 19 días. Añadídelle a este número gordo as pegas que queirades: mantemento, porcentaxe de multas “fallidas”, cursos de manexo para os polis locais…estou disposto a admitir que se chegue a tardar en recupera-la inversión ¿un mes?¿dous?¿tres? QUÉ MÁIS DA!

Se vos acusan de afán recaudatorio podedes dicir que A MOITA HONRA. Mellor ter afán recadatorio contra os incívicos que impiden a saída dos portais e/ou fastidan tódalas beirarrúas a base de montalas que telo contra tódolos ferroláns de xeito indiscriminado a través do imposto de vehículos de tracción mecánica. Ademáis, haberá que paga-la nova brigada de mantemento de rúas e viais, con indepencia (como dicía a pintada do muro do Masculino, agora xa tristemente perdida; un día abriremos un post para lembrar as pintadas históricas deste Ferroliño) que se contrate vía emprego público ou cun servizo privatizado. (Debate por outro lado un pouco bobo, pois o que importa, digo eu, será que o emprego creado sexa de calidade, e non tanto se é público ou non. Non todo o público é o mellor…e non me fagades poñer exemplos).

Este modeliño non estaría mal:

Deixa un comentario