Fogonaso nº2: Un cruce de rúas…

By ferrolinho

Cruce da rúa Sánchez Barcaiztegui (a que baixa dende a Casa-Cuna) coa rúa do Sol, recentemente remodelado. Como diría o rapaz do Belén da Orden Tercera: “¡Observeeeen como piiiiiiiisaan las aceeeeeeeeeeras!!

¿Non sería mellor cambiar xa de lado a banda de aparcamento no treito de Sánchez Barcaiztegui entre Sol e María, antes de que os vehículos, de tanto pasar por enriba da orella da nova beirarrúa reventen as lousas de granito, polo momento flamantes?

Por certo, que para os curiosos, consultando a wikipedia, podemos saber algo más de Victoriano Sánchez Barcaiztegui, marino. (Recomendable por culturilla xeral ferrolana, aínda que, por motivos da súa aportación a ciencia eu teño maior aprecio por Cosme Damián Churruca e, sobre todo, Dionisio Alcalá Galiano (debería reflexionarse acerca da perda que supuxo a derrota de Xibraltar non dende o punto de vista militar, senón científico).

Isto enlaza con outra das ideas expostas noutro artigo desde blog: ¿non sería bo que as placas dos nomes das rúas dixesen algo acerca dos homenaxeados? ¿non son dignos de eloxio os logros dos anteditos, de Concepción Arenal, dos pintores Máximo Ramos, Pérez Villamil ou Bello Piñeiro, do poeta Pérez Parallé, de Ricardo Carballo Calero, do enxeñeiro Andrés Comerma, Antonio “O Galego” Soto, líder da Patagonia rebelde, o naturalista Víctor López Seoane, os mártires do 10 do Marzal…

Deixa un comentario